Juegos
Todos los emojis
Citas
Blog
Página de inicio
»
corp
Relacionado con: corp
„E ese é o derradeiro xuramento que hei poder dicir», pensou, » en canto poña pé en solo inglés. E nunca lle hei poder partir a cabeza a un home, nin dicirlle que minte coa boca pequena, nin sacar a espada e espetarlla no corpo, nin sentar cos meus iguais, levar unha coroa, saír en procesión ou sentenciar un home a morte, nin dirixir un exército, nin exhibirme en Whitehall a cabalo dun corcel de guerra, ou levar setenta e dúas medallas distintas no peito. O único que hei poder facer, en canto poña pé en solo inglés, é servir o té e preguntarlle aos meus señores como o prefiren. Quérelle azucre? Quérelle crema?“